SOBRE NÓS

POR ELES T.E.A. é unha asociación sin ánimo de lucro, creada en 2018 por nais e pais de nenos e nenas co Trastorno do Espectro Autista (T.E.A.), que buscan atopar un espacio onde se atendan todas as necesidades que poidan presentar os seus fillos e fillas na actualidade, e buscar un mellor futuro para todos eles

A Asociación Por Eles T.E.A. está presente en toda a provincia de Ourense, atopando atender as necesidades dos fillos e fillas con este diagnóstico ou características similares, e das súas familias.

MISIÓN, VISIÓN y VALORES

MISIÓN

En Por Eles TEA somos unha asociación sen ánimo de lucro que xorde para dar resposta ás necesidades específicas das persoas con TEA na comunidade autónoma de Galicia. Para iso, ofrecemos intervencións individualizadas naquelas áreas nas que estas persoas necesitan apoio para optimizar o seu desenvolvemento ao longo de toda a etapa vital e mellorar a calidade de vida e o benestar da persoa con TEA. e a do seu contorno.


VISIÓN

A nosa visión baséase no feito de que todas as persoas con T.E.A. poden gozar de recursos adaptados ás súas características e necesidades, así como as súas familias dunha información, orientación e formación adaptada ao seu día a día. Con isto búscase que todas as persoas que forman parte do núcleo familiar acaden hoxe un maior benestar, e unha maior tranquilidade e independencia de cara ao futuro, cunha mellor calidade de vida.

En canto ás aspiracións de futuro, pretendemos ampliar o noso ámbito de actuación creando máis recursos eses servizos para cubrir todas as necesidades que poidan xurdir aos nosos usuarios e ás súas familias e en calquera momento da súa vida, así como crear un centro ocupacional. para estes así como orientar e facilitar a incorporación laboral das persoas con T.E.A.


VALORES

Valores éticos:

  • Persoas con T.E.A. son cidadáns activos, suxeitos a plenos dereitos.
  • Por Eles TEA centra as súas intervencións na prestación de apoio ás persoas con T.E.A. e o seu entorno dende a perspectiva dos dereitos.
  • Por Eles TEA é unha asociación sen ánimo de lucro que promove a solidariedade entre persoas e organizacións que inflúen na vida das persoas con T.E.A. e as súas familias.

Valores de xestión:

  • Autorrepresentación das persoas con T.E.A.
  • Defensa da igualdade, equidade e promoción dos dereitos das persoas con T.E.A. e das súas familias.
  • Confianza nas capacidades das persoas con T.E.A.
  • Especificidade e especialización na prestación de apoio a persoas con T.E.A. e as súas familias.
  • Responsabilidade social comprometéndonos coa sociedade, sensibilizando e trasladando coñecemento real sobre T.E.A.
  • Transparencia.
  • Traballo en equipo.
  • Mellora continua.