¿COMO TRABALLAMOS?

O noso obxectivo é optimizar o desenvolvemento da persoa con T.E.A. ao longo de toda a etapa da vida, e formar e fortalecer ás familias, así como axudarlles a xerar recursos para acadar nos seus fillos aprendizaxes funcionais que faciliten a autonomía e a independencia no seu ámbito socio-familiar, mellorando a calidade de vida do persoal e a do conxunto familiar.

Para iso, desenvolvemos unha intervención centrada na redución dos déficits que poden presentar as persoas con TEA nos diferentes ámbitos de desenvolvemento: autonomía e coidado persoal, comunicación e linguaxe, habilidades sociais (cognición social), funcións executivas e autorregulación.

Propoñemos obxectivos de intervención centrados na familia, potenciando as habilidades individuais de cada persoa e conseguir así unha maior independencia, benestar e calidade de vida.

A atención individualizada atende ás características e necesidades particulares de cada familia, os profesionais prestan apoio ao neno e á súa familia no medio natural (familiar, educativo, comunitario).