¿QUERES SER VOLUNTARIO/A?

Buscamos voluntarios

Se tes espírito voluntario, gústache o movemento asociativo e queres participar axudando ás persoas con TEA na súa participación en multitude de actividades, todas elas acompañadas dun magnífico ambiente de traballo, contacta connosco a través da tua forma de contacto preferida que atoparás facendo click no botón CONTACTO que atoparás máis abaixo.

Que poden facer os voluntarios na nosa Asociación?

O traballo de voluntariado en Por Eles TEA é participar acompañando aos nosos profesionais en diversas actividades, como Natación e Grupos de Habilidades Sociais con nenos con TEA. Ademais, pódese colaborar nas distintas actividades organizadas dende o servizo de Ocio e Tempo Libre. Vivirás unha experiencia de enriquecemento persoal e profesional que facilitará o desenvolvemento de diferentes habilidades relacionadas co coidado das persoas con TEA e as súas familias.