Grazas á convocatoria de subvencións para asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do ano 2025, este programa continúa ofrecendo atención e intervención terapéutica especializada ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) da cidade de Ourense e ás súas familias. O obxectivo é favorecer o seu desenvolvemento persoal, a súa autonomía e a súa inclusión social mediante unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades.

